Aeroporto de Chania

Aeroporto de Chania
Κρατικός Αερολιμένας Χανίων, "Δασκαλογιάννης"

IATA: CHO – ICAO: LGSA
Sumario
Tipo público/militar
Operador Fraport AG/Copelouzos Group
Cidade/Illa Chania
Elevación (msnm) 149 metros / 490 pés
Coordenadas Coordenadas: 35°31′54″N 24°08′59″L / 35.531747222222, 24.149677777778
Web https://www.chq-airport.gr
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
11/29 3 347 10 982 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 3 010 509

O aeroporto internacional de Chania, "Daskalogiannis" (IATA: CHQ, ICAO: LGSA) é un aeroporto internacional situado na illa de Creta en Grecia. Serve á cidade de Chania, que se atopa a 14 km das súas instalacións, e ademais é unha porta de entrada ao oeste de Creta para un crecente número de turistas. O aeroporto foi bautizado co nome Daskalogiannis, na honra dun rebelde cretense dó século XVIII contra o goberno otomán. É o quinto aeroporto máis concorrido de Grecia en termos de tráfico de pasaxeiros. Dende o ano 2010 ata o 2016 tivo un grande incremento no número de pasaxeiros, de ao redor do 100%. O aeroporto está conectado cuns 30 países de Europa e Asia, especialmente durante a estación do verán, e ten voos cara Grecia e Chipre durante todo o ano. No ano 2016 pasaron polo aeroporto de Chania un total de 3 010 509 pasaxeiros.[1]

  1. HCAA (ed.). "Chania Airport". Consultado o 11 de outubro de 2017. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search